Comezo do noso blog

No día de hoxe comezamos a darlle voltas a unha idea para engadir na nosa web. Dende fai varios meses, unha vez que xa temos dominadas as actualizacións e publicacións nas páxinas en Facebook de cada praza, as directivas das prazas membros de Fepragal, estamos recibindo formación sobre Internet, redes sociais, comercio electrónico, etc, a fin de unificar criterios á hora de realizar actuacións de forma conxunta en Internet. E xurdiu a opción de crear una blog sobre onde publicar opinións, ideas, artigos... da nosa vida e do día a día das nosas prazas. Terémosvos informados según avance esta liña de promoción.

Queremos dar as grazas á colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da XUNTA DE GALICIA, polo apoio que presta no desenvolvemento do plan de marketing 2.0 que temos estructurado levar a cabo nestes anos; nas accións a potenciar neste primeiro semestre de ano, marcamos as pautas para ter unha presenza na rede que nos posibilite unha maior expansión das nosas prazas, así coma informar do día a día das mesmas e de todas as medidas e eventos levados a cabo dende a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (FEPRAGAL).

Ata o pasado ano viñamos actualizando as nosas actividades na nosa web, con imaxes e artigos sobre os nosos actos e vida. Pero apostamos por chegar dunha forma máis directa aos nosos clientes; por iso, centrámonos nunha compreta actualización e promoción de contenidos a través da rede social Facebook, xa que así teriamos un medio co cal chegar aos nosos clientes de forma directa, sen obrigarlles a consultar periodicamente a nosa web.

Agardamos que a nosa nova web e a nosa presenza nas redes sociais (Facebook neste caso) sexan do teu agrado.

 Un codial saudo.

FEPRAGAL

Contacta con Fepragal

Federación de Prazas de Abastos de Galicia
José Salgado, 2 - Entlo
36650 Caldas de Reis PONTEVEDRA
T: +34 669 776 017
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. - www.fepragal.es

  • PRAZA DE PORTONOVO