Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Más Intormación - Aceptar.

CARNICERÍA 'LA NUEVA'
O mellor produt para todos os petos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

De soldador a carniceiro en tan só 7 anos. Esta é a historia de José Antonio Fernández, quen está agora á fronte da carnicería “La Nueva”. “Era soldador de profesión, pero as cousas empezaron a ir moi mal”, recorda. “Entón saíume este traspaso, boteille peito e collino para saír adiante”. Con 50 anos púxose á fronte do seu negocio no Mercado de San Agustín, unha decisión da que non se arrepinte.

Agora goza coa súa nova profesión. Rapidamente comprendeu que o cliente das prazas busca calidade, e é un criterio que nunca falta no seu produto. Vende coello, pavo, cordeiro de Burgos, ovos autóctonos e polo de Rivadulla, en Santiago. Tamén galo de Mos, pero unicamente por encargo. “É unha materia prima que vale”, presume. Con ela, ademais, prepara unha ampla lista de elaborados: hamburguesas de polo, de pavo, de cordeiro, rolos de pavo recheos, e uns pinchos dos que todo o mundo quere coñecer a receita. “Pero non a digo”, asegura. “É segredo profesional”.

Na súa oferta, José Antonio busca ter produtos bos pero para todos os públicos e petos, procurando a mellor relación calidade-prezo. “Non se trata de tolear. Eu entendo que a xente está apretada, así que teño que axustarme a eles”, reflexiona. “A fin de ano, que máis dan 100 euros máis ou menos? Hai que coidalos”. Por iso, ofrece ao cliente un trato próximo e humano, de total confianza.



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia