Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

FOTOGRAFÍA GAÑADORA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Foto gañadora do II Concurso Fotográfico Quereoteumercado, de Nacho Romero

Foto gañadora do II Concurso Fotográfico Quereoteumercado, de Nacho Romero

 

 

II CONCURSO FOTOGRÁFICO

 

Nacho Romero é o gañador da segunda edición do concurso fotográfico ‘Quereoteumercado’, posto en marcha dende FEPRAGAL. A súa fotografía resume a esencia das prazas de abastos: Mónica, praceira do Mercado Praza de Lugo de A Coruña, amosa sorrinte a cámara un escacho que chama a atención polo seu tamaño e frescura. Un exemplo de amabilidade e calidade. Nacho chegou a este concurso por casualidade. Fotógrafo de profesión, é frecuente que retrate a realidade desta praza, da que é cliente habitual. Tras enterarse de que FEPRAGAL tiña en marcha este certame, animouse a participar.

 

Como decidiches participar nesta segunda edición do Concurso Fotográfico ‘Quereoteumercado?


Normalmente non adoito presentarme a concursos de fotografía. Foi casualidade. O peixe mércoo na Praza de Lugo de A Coruña, e un día estaba con Óscar e Mónica, que son dous dos praceiros. Eu levaba a cámara colgando do pescozo, e animeime a facerlle unha foto a ela para regalarlla depois. Cando cheguei a casa púxenme a retocala e vin que ao fondo había un cartaz do concurso. Busquei as bases en Internet e foi entón cando me animei. Presentei tres fotos e tiven a sorte de que me premiaran unha delas.

 

Foi pura casualidade, entón.


Si, si. Despois de ler as bases, ao día seguinte fun de novo á praza para facer algunha fotografía e xa as presentei
ese mesmo día. Como ademais do xurado tamén contaban os votos recibidos no Facebook, tiña que actuar
canto antes.

 


Dis que sacaches varias fotografías. Por que finalmente escolleches as que presentaches?


Gústame a fotografía de rúa e levo moitas veces a cámara comigo. De feito, fago reportaxes e levo tres anos facendo unha publicación diaria  nas miñas redes sociais. Non era a primeira vez que fotografaba a Praza de Lugo, porque ademais son cliente habitual. Nese momento, como tiña a cámara a man, saquei a foto de Mónica,
e a Óscar (que ten o seu posto ao lado) xa lla sacara antes. Para o concurso mandei estas dúas e para presentar unha que non fora dunha peixería, fun á planta superior da praza a ver que atopaba. Alí están as carnicerías e os postos de verduras. Entón vin un moi lucido, con moita cor, e ademais a señora levaba posto o mandil co nome da praza. Pensei que podería funcionar. Esa foto gustábame moito, pero ao final gañou a de Mónica. Fixéronme moita festa... ela estaba encantada!

 


Non era a primeira vez que sacabas fotografías na praza. Que teñen os mercados que motivan a un fotógrafo
profesional para sacar a cámara?


Igual teño unha idea esaxerada por ser galego, pero para mín a Praza de Lugo é unha das máis importantes de
España. Sobre todo no peixe. Hai un produto impresionante. Aquí en Galicia temos as rías, o mar, e temos o mellor
marisco e o mellor peixe. Sempre me chaman moito a atención cando vou ao mercado, e fotograficamente son moi atractivos. Ademais, a Praza de Lugo é moi vistosa, e coa reforma que lle fixeron hai uns anos quedou preciosa. Os produtos son boísimos e teño unha relación excelente cos praceiros. Están encantados de que lles
saque fotos. De feito, moitas veces regálollelas. Eles encantados e eu tamén de que me deixen facelas e que posen para mín. Hai outros sitios, ben sexa na rúa ou en comercios, onde poñen sempre máis pegas, pero na Praza de Lugo hai moito compañeirismo. A fotografía gañadora foi unha pose, pero en moitas ocasión pídolles que sigan co que están a facer. Préstanse enseguida. Son xente moi amable e están moi acostumados.

 


Es comprador asiduo da Praza. A parte do bo ambiente do que falas e da proximidade que hai cos vendedores,
por que as escolles para facer as túas compras?


Supoño que isto pasará en todos os postos, pero eu teño constancia de que nos que eu merco van a diario a comprar á lonxa de A Coruña. Madrugan e collen o produto fresco, aproveitando o que temos en Galicia. Eu vou á praza a mercar un polbo ou calquera outra cousa e sei que vai ser de Galicia e non de outras partes. Vai ser o mellor produto, por iso merco sempre aí. É incomparable. Seino ben porque falo cos praceiros sobre a orixe do que merco. Eu son un apaixoado do marisco e dos peixes, e sempre quedo encantado. Pola calidade que ten, por saber de onde vén e pola relación cos praceiros. Ademais, sempre che aconsellan o mellor e son moi sinceros sobre o produto que che están a vender.

 

 

 

 

PREMIO ACCÉSIT

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Accésit do II Concurso Fotográfico Quereoteumercado, de Paula Martínez Castelao

Accésit do II Concurso Fotográfico Quereoteumercado, de Paula Martínez Castelao

 

PAULA MARTÍNEZ, GAÑADORA DO ACCESIT

 

O segundo premio de ‘Quereoteumercado’ viaxou ata a Praza de Padrón. Paula Martínez, unha hixienista de 26 anos, escolleu a imaxe premiada tirando de humor.

Na fotografía que presentaches ao concurso, vése un posto de bacallao. Por que a escolleches?

Sempre me fixo moita gracia a frase feita “cortando o bacallao”. Cando vin a imaxe pensei: nunca mellor dito. Así que como era a fotografía que representaba ese dito, animeime. Foi o que me inspirou.



Esta fotografía foi a única que fixeches para o concurso? Presentaches máis?

A verdade é que fixen moitas fotografías, pero unicamente presentei as que máis me convencían. Ao final foron tres imaxes. a gañadora, unha dun posto de peixe e outra dunha polería. A premiada foi un roubado; aproveitei cando a praceira estaba atendendo un cliente para sacarlla.



Como viches o nivel das fotografías que se presentaron?

A competencia foi dura. O nivel foi moi bo, a verdade. A xente animouse e houbo moita participación. Había imaxes moi boas, e, a gañadora foi dun gran fotógrafo.



No teu caso, sacaches as fotografías porque te enteraches da convocatoria do concurso.

Si. Eu vou normalmente á Praza de Padrón, e unha das veces vin os carteis coa convocatoria. Entón entrei no Facebook para buscar máis información. Lin as bases e decidinme a participar. Foi despois, nunha das visitas á praza, cando fixen as fotografías.



Es clienta frecuente da praza de Padrón?

Si. Como somos da zona, normalmente facemos a compra no mercado. Penso que dan unha garantía total do produto.... sabes que vai ser bo, non como pode pasar noutras grandes áreas comerciais.



Un dos retos das prazas de abastos é atraer á xuventude. Conseguir que os escollan para facer as súas compras. Cres que é posible?

Penso que si. O que teñen é que seguir apostando polos produtos típicos galegos. Carne e froita de aquí, peixe da ría... Creo que deben seguir o camiño no que xa están: potenciar o produto galego e de calidade.

 

 

 

PEQUENA ESCOLMA DE FOTOGRAFÍAS PARTICIPANTES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia