Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.
Padrón, un mercado no camiño

PADRÓN: UN MERCADO NO CAMIÑO
Hai máis dun ano que a praza de Padrón sela as Compostelas dos seus peregrinos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

31-01-2019

 

Cando un peregrino chega a Padrón, sabe que a súa andaina polo Camiño Portugués a Santiago está a piques de rematar. A vila coruñesa considérase o inicio da última etapa, a que remata coa Catedral de fondo na Praza do Obradoiro compostelá.

 

Este peso na Ruta Xacobea nótase na vida do municipio. Tamén na súa praza de abastos. Segundo conta a presidenta da asociación de praceiros, Ana Rodríguez, os peregrinos forman parte do seu día a día. “Xa dende primeira hora da mañá vémolos pasar continuamente”, comenta. “No verán pasan moitísimos. No inverno o fluxo non é igual, pero é algo que se nota todo o ano”.

 

Para estes camiñantes, a praza de abastos padronesa é un atractivo máis no seu paso pola vila. Moitos non continúan o seu camiño cara Santiago sen percorrela, sorprendéndose da ampla e rica oferta de produtos. “Chámalles moito a atención todo o que temos aquí”, asegura Ana. “Sacan fotos continuamente cos produtos. Veñen facer turismo ao mercado”.

 

Esta relación cos peregrinos é unha oportunidade de promoció. O que se achega ata a praza de Padrón e déixase sorprender polo seu produto, falará despois del aló onde vaia. Pero Ana tamén explica que como norma xeral é algo que non repercute nas vendas habituais “O peregrino non pode mercar. Aquí veñen mirar e coñecer, pero sacando algunha peza de froita, é raro que merquen”, explica a presidenta. “Veñen de paso e teñen que seguir o seu camiño, aínda que é certo que moitos se lamentan por non levar nada”. Isto é a tónica xeral, pero sempre hai excepcións. Ana conta que hai uns días unhas peregrinas quedaron sorprendidas cun produto do seu posto. No momento non puideron levalo, pero despois de chegar a Santiago fixeron parada na praza de Padrón antes de volver para as súas casas.

 

Aínda que os peregrinos non marchen do mercado cargados de compras, os praceiros son conscientes do importante papel que xogan na súa vila e do atractiva que resulta unha praza de abastos para alguén que vén de fóra. Para fomentar o seu peso como punto de interese turístico, hai máis dun ano que comezaron a selar as Compostelas, os documentos que acreditan que os peregrinos cumpriron as etapas do seu camiño a Santiago. “Selamos moitísimas”, asegura Ana. “Temos un cartel fóra da praza anunciándoo e moito camiñante chega a nós con esa idea. Ás veces ata temos que falar con eles por signos”.

 

 



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia