Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Más Intormación - Aceptar.


PRAZAS QUE GUÍAN O CAMIÑO
O camiñante volverá convertido nun comprador mais, capturado pola maxia das prazas galegas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Ademais da venda de produtos frescos, de proximidade e de calidade, da atención próxima e de máxima confianza dos vendedores, e da experiencia que atrapa os cinco sentidos, as prazas de abastos hai tempo que sumaron unha nova posibilidade: o selado da Compostela, a única acreditación oficial do Camiño de Santiago.

Por si mesmos, os mercados son un espazo atractivo para os peregrinos. Neles, os visitantes viven unha experiencia completa, que os mergulla tamén nos costumes e na vida que se move ao redor das diferentes prazas de abastos. Sendo conscientes desta potencialidade, dende Fepragal apostaron por esta unión entre os mercados e o Camiño de Santiago, converténdoos nunha parada case obrigatoria para o camiñante. Deste xeito, ademais de conseguir o selo que acredita o seu paso por cada etapa, pode relacionarse cun dos actores máis característicos das vilas galegas, e cunha peza fundamental para comprender o desenvolvemento da poboación, da súa cultura e da súa economía.

Sexa cal sexa o camiño escollido polo peregrino para chegar a Santiago de Compostela (Camiño Portugués, a Ruta do Padre Sarmiento ou a Variante Espiritual) na súa ruta atopará unha praza de abastos na que selar a súa acreditación. Alí os praceiros convértense en anfitrións, abrindo as portas
da súa casa a un visitante receptivo a todo tipo de experiencias. Coñecer tradición, costumes, produtos típicos e ás xentes que viven e traballan no
lugar, son algunhas das posibilidades que lles achega esta iniciativa de Mercados no Camiño. De feito, está a ter unha gran acollida entre os peregrinos, que levan deste xeito unha vivencia máis nas súas mochilas.

Esta proposta é tamén unha importante estratexia de promoción que abre o camiño cara públicos que doutro xeito serían moi difíciles de acadar. Se durante o seu paso polas prazas de abastos o camiñante vive unha experiencia satisfactoria e completa, o máis seguro é que nun futuro volverá convertido, desta volta, nun comprador máis, capturado pola maxia que desprenden os mercados galegos, os seus produtos e os seus vendedores.

Durante o 2016 foron case 300.000 os peregrinos que percorreron algunha das rutas que rematan en Santiago de Compostela. Unha boa oportunidade para presumir do noso patrimonio, do que tamén forman parte as nosas prazas de abastos por méritos propios.



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia