Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Más Intormación - Aceptar.

QUEIXOS CAGIAO
Unha queixería con marca propia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

‘Queixos Cagiao’ é a única queixería do Mercado de As Conchiñas que, ademais, vende a súa propia marca. A familia de Ana María Cagiao leva décadas traballando a súa granxa e fabricando os seus propios produtos. Queixo curado, semicurado, requeixón e queixo fresco, cos que están presentes en numerosas tendas de toda A Coruña. “O que se vende é fabricado hoxe”, explica. “Queremos que a frescura sexa o noso selo de identidade”. Se é algo xeralizado nos produtos da marca, máis aínda no que venden directamente a través da súa queixería do mercado. “Na cidade repartimos tres veces por semana, pero en As Conchiñas chega cada día”, comenta Ana María. Ademais, o cliente poderá atopar no expositor ovos, mel e marmelo.

Sen dúbida, o queixo fresco é seu produto estrela. ‘Queixos Cagiao’ leva frabricándoo máis de 25 anos e, segundo Ana María, “non hai outro igual”. Por iso, para que manteña a súa calidade e naturalidade, mímano de xeito especial. En As Conchiñas atópase fresco todos os días, tratado nas mellores condicións para garantir que non se rompe a cadea de frío.

Outra das vantaxes de mercar directamente no posto de ‘Queixos Cagiao’ é a atención totalmente persoalizada. “Se o cliente precisa algo que non vendemos habitualmente na praza, só ten que avisarnos”, explica Ana María. “Avisamos a fabricación e cumprimos co que precisa o consumidor”. Con este mimo é como queren diferenciarse do resto de negocios que poden ser semellantes ao seu. “Queixerías artesanais como a nosa, pode haber moitas”, asegura. “Por iso procuramos que a nosa atención sexa máis individualizada”. Ana María confesa que goza solucionando dúbidas, e non escatima en explicacións sobre a liña de fabricación ou o produto. “O segredo é, ante todo, nunca mentir”, defende.



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia