Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

ARROZ DE MARISCOS E ALGAS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres impresionar aos teus convidados? Aquí tes a receita perfecta para facelo!

 

 

 

Arroz de mariscos e algas

 

Ingredientes para 6 persoas:

  • 500 gr. Arroz gran redondo
  • 14 Ameixas
  • 3 Nécoras
  • San Martiño
  • 6 Cigalas
  • 1 Cebola fresca
  • 1 Dente de allo
  • 150 gr. Codium
  • Cúrcuma
  • Sementes de fiúncho
  • 1.200 ml. Auga
  • 1 Pemento vermello
  • Aceite de oliva
  • 1 Kg de mexillóns

 

Picamos fino a cebola e o allo, cortamos o pemento á xuliana. Poñemos a lume suave unha tixola ancha (válida para forno, importante) cun pouco de aceite e botamos a cebola, o pemento e o allo, cando este último comece a tostarse botamos o arroz e removemos para que se integre ben. Engadimos a auga e deixamos cocer 5 minutos ata que ferva.

 

Limpamos ben os mexillóns, eliminando as posibles  impurezas como barbas e  crústaceos adheridos. Poñemos unha pota ao lume cun pouco de auga (máis ou menos o equivalente a un dedo), introducimos os mexillóns. Cando lestes abran a súa cuncha estarán listos. Reservamos.

 

Coa axuda dun coitelo partimos á metade as nécoras e engadímolas á tixola. Cortamos en  pedacitos pequenos o San Martiño e engadímolo, botamos tamén os lagostinos e as ameixas. Deixamos 10 minutos ata que ferva. Prequentamos o forno a 250º por arriba e abaixo.

 

Engadimos a auga que xerou a  cocción dos mexillóns á tixola ata case cubrir os ingredientes e engadimos os mexillóns na súa cuncha. Introducimos a tixola no forno e deixamos que se enforne durante 10 minutos. É importante vixiar para que non se pase o arroz.

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COMPARTE!



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia