Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

ESPETADAS DE POLO CROCANTES CON ALLO TOSTADO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Da man do chef Siro González, chéganos esta proposta dunhas incribles espetadas de polo crocantes con allo tostado. Unha receita doada que gustará a grandes e pequenos.

 

 

 

 

Ingredientes para 2 persoas:

  • 400gr. Peituga de polo
  • 3 Allos
  • Maionesa
  • Aceite de oliva
  • Aceite de xirasol
  • Sal
  • Pementa negra
  • Copos de maíz
  • 1 Repolo

 

Empezamos preparando a carne de polo, neste caso servirannos unhas peitugas. Asegurámonos de limpalas ben por se lle quedou algún resto de pel. Cortámolas en  cuadradiños do mesmo tamaño, desta maneira cociñaranse á vez.

 

Laminamos tres de dentes de allo e tostámolos lixeiramente nunha tixola cun fondo de aceite de oliva. Reservamos o aceite.

 

Nun vaso de batedora  trituramos os allos lixeiramente tostados con maionesa e un pouco de aceite de oliva. 

 

Ensartamos os tacos de pito nos paus de espetada e  salpimentamos ao gusto. Depositamos cada espetada nun recipiente onde previamente botamos os flocos de millo e, axudándonos coas mans, procuramos que cada espetada quede envolta cos flocos de millo. 

 

Freimos as espetadas nunha tixola con abundante aceite (deben quedar case cubertas polo mesmo).

 

Unha vez listas, escorremos o aceite sobrante colocándoas sobre papel  absorvente ou de cociña.

 

Para acompañar, cortamos á xuliana medio repolo e o  salteamos cun pouco de sal e pementa no aceite onde previamente tostamos os allos.

 

 

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia