Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

GUISO DE CABEZA DE PORCO E PORRO ASADO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

As posibilidades culinarias dos produtos que mercamos nas prazas de abastos son infinitas. Así nolo demostra Óscar Vidal coa súa proposta: un guiso de cabeza de porco e porro asado que fará as delicias dos padares máis esixentes.

 

 

Para poñer as nosas cociñas a funcionar, necesitamos:

  • Porros asados (cantidade ao gusto)
  • Media cachucha de porco
  • 200 gramos de tendóns de tenreira
  • Tres cenouras
  • Unha cebola
  • Un pemento vermello e medio
  • Cinco dentes de allo
  • Aceite
  • 750 gramos de manteiga
  • Zume dun limón
  • 200 gramos de garavanzos
  • 2 culleres sopeiras de pimentón

Con todos estes ingredientes a receita podería parecer complicada, pero de seguido vemos que é ben sinxela. O primeiro é poñer a branquear as “manitas” a cachuca. Despois, cócese todo xunto aos garavanzos na ola a presión durante unha hora e media. Mentres, pochamos os vexetais, fondeamos o pimentón e engadimos un pouco do caldo da cocedura. Picamos a carne e a poñemos ao fondo, cubríndoa co caldo. Nunha tixola salteams a manteiga coas alcaparras e, por último, botamos o limón. Engadimos todo ao guiso. Fervemos durante 2 minutos e deixamos repousar.

 

Que aproveite!

 



FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

José Salgado, 2 - entresuelo
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
CIF G94023801
T: +34 669 776 017
E: info@fepragal.es
SOCIAL MEDIA

Facebook Fepragal



 
 
 
PÁXINA WEB SUBVENCIONADA POR
 
Subvencionado pola Xunta de Galicia